standard-title PAZO DA TRAVE Coñece a nosa historia,as nosas instalacións e os nosos servicios

PAZO DA TRAVE

Coñece a nosa historia,as nosas instalacións e os nosos servicios

Abrimos as portas do Pazo da Trave, un pazo fundado pola antiga nobreza galega e asturiana fai máis de cincocentos anos, situado nunha paraxe excepcional, na Mariña de Lugo, a tres quilómetros da desembocadura da espectacular ría de Viveiro, entre praias e montañas, nun val encantado rodeado de tranquilidade, silencio e casas solariegas.

Contamos con 18 habitacións, divididas en habitacións dobres, junior suites e familiares. Contamos cun amplo xardín onde se mesturan árbores tradicionais e vexetación autóctona galega, arredor dun pozo, un hórreo, unha palmeira, un pombal e unha capela.

Ademais, o hotel dispón dun restaurante, unha piscina estacional e un miradoiro acristalado onde podes sentarte a tomar unha copa ou relaxarte mentres contemplas o xardín.

Pazo da Trave é o escenario ideal para estancias individuais e en parella, familias e grupos, reunións e incentivos, festas e celebracións.

¡Benvidos!