MASCOTAS GRATIS EN RESERVAS DIRECTAS!
Sodes moitos os que a miúdo decidides viaxar coa vosa mascota, porque son un máis da familia. No Pazo da Trave acollemos a todas as túas mascotas, ata un máximo de dúas por habitación. O can pode correr libremente no noso xardín sempre que non moleste ós demais hóspedes e baixo a supervisión dos seus propietarios. É importante vixialo especialmente cando fai as súas necesidades xa que os seus propietarios deben recollelas e depositalas nunha das bandas de lixo afincadas no noso xardín.
Ademais, ten varios camiños e rutas para viaxar coa súa mascota, aínda que destacamos o paseo fluvial do río Landro, a tan só 600 metros do Pazo, onde tamén pode bañarse no río que dá nome á ruta. Existen numerosas praias que permiten que as mascotas entren en tempada baixa e recomendaremos badías nas que poidas gozar só e cá túa mascota en tempada alta.