Eventos

XORNADA GASTRONÓMICA
DO MAR

Sabado 23

Domingo 24 de maio

Dende o restaurante El Siglo da Trave, e en colaboración cos provedores da lonxa de Celeiro, celebramos unha xornada gastronómica especial dedicada ao peixe e marisco fresco da nosa costa

O Menú Degustación inclúe:

Curry de rape cítrico con patacas, brioche con centola ao estilo vasco e, por suposto, a nosa pescada de Celeiro aderezada con tinta de lura, entre outras delicias mariñeiras.

RESERVAS ABERTAS

Celebramos todo tipo de eventos, e entre eles, destacan as vodas personalizadas e espectaculares.

Podemos dicir sen medo a contradiccións que o Pazo da Trave é o lugar con máis encanto da Mariña para celebrar unha voda, con xardíns de ensueño e un fermoso salón acristalado.

Ofrecémosche un equipo de profesionais coa experiencia necesaria para que a túa voda sexa única e perfecta. Soña en grande para o teu día especial, e nós farémolo realidade.

Contacta connosco a través do noso formulario de contacto ou no 982 59 81 63

Eventos Anteriores

Viveiro Tattoo Expo

28 y 29 de marzo de 2026

Terceira edición desta reunión de profesionais de primeira liña da tatuaxe.